Son Noemí García

Chámome Noemí e son profesora de Lingua Galega e Literatura.

Son a creadora do proxecto educativo Dicionario Galego para boomers onde elaborei xunto ao meu alumnado un dicionario de neoloxismos en lingua galega, gañador do premio Mil Primaveras no 2022.

Tamén estou detrás do blog Media Laranxa e teño publicados diversos traballos na Revista Galega de Filoloxía e son a coautora xunto a Xosé Manuel Sánchez Rei do Cancioneiro da Ribeira de Piquín (2022).

Quéresme dicir algo? Fálame aquí.