{"version":"https://jsonfeed.org/version/1","home_page_url":"https://obradoirodixitalgalego.gal/","feed_url":"https://obradoirodixitalgalego.gal/blog/feed.json","items":[{"id":"https://obradoirodixitalgalego.gal/blog/posts/almanaque_2024/","url":"https://obradoirodixitalgalego.gal/blog/posts/almanaque_2024/","title":"Almanaque do Obradoiro Dixital 2024","content_html":"
❄️✨ Felices festas dende o Obradoiro Dixital! ✨❄️
\n
Faísca recolleu todo o que fixemos este ano a prol da comunidade da creación dixital en galego no Almanaque do Obradoiro Dixital 2024 📒
\n
Grazas a todas as persoas colaboradoras e asociadas, que son as que nos permiten medrar e chegar a todas partes 💙
\n
Canda Faísca e canda ti, seguimos tecendo redes
\n
🚀 Bo 2025!
\n
\n","date_published":"Sat, 21 Dec 2024 12:06:40 GMT","date_modified":"Sat, 21 Dec 2024 12:06:40 GMT"},{"id":"https://obradoirodixitalgalego.gal/blog/posts/liga_pokemon/","url":"https://obradoirodixitalgalego.gal/blog/posts/liga_pokemon/","title":"Liga Galega de Pokémon 2024/2025","content_html":"
Ei adestradoras! Sabedes xa que podedes participar na Liga Galega de Pokemon organizada dende O Obradoiro Dixital Galego? Pasaivos que vos contamos.
\n
Usaremos o Pokemon Showdown, unha web que nos permite xogar entre nós sen ter ningún aparello nin conta premium relacionada coa gran N. Vamos que é gratis! E para facelo máis accesible usaremos as normas da primeira xeración do pokemon stadium.
\n
E canto durará a competición? Pois comezaremos a partir do 8 de xaneiro e manterase ate comezos de xuño, máis teremos flexibilidade dentro das posibilidades dos organizadores e xogadores.
\n
\n
Por último todo isto retransmitirase polas canles do Obradoiro dixital, para que vos poidades pasar a velas, comentar as xogadas e divertirnos en común.
\n
\n
\n
\n","date_published":"Fri, 06 Dec 2024 10:06:40 GMT","date_modified":"Fri, 06 Dec 2024 10:06:40 GMT"},{"id":"https://obradoirodixitalgalego.gal/blog/posts/premio-rede-youtubeiras-2024/","url":"https://obradoirodixitalgalego.gal/blog/posts/premio-rede-youtubeiras-2024/","title":"Youtube en Galego gañou o Premio Rede! 🥳","content_html":"
O Obradoiro Dixital Galego, por medio da súa canle de YouTube, Youtube en galego, ven de ser galardoado co Premio Rede na última edición do certame Youtubeiras, do que se celebrou a súa gala de entrega de premios onte sábado 17 de febreiro.
Alí estiveron, en representación do Obradoiro (e nalgúns casos dos seus proxectos) a nosa vogal de YouTube Sofía Naseiro, da canle Kinocube Cinema, Mirian Deschain de GFFF que colabora coa canle Cinema Caníbal, Sergio Casal da canle Toxío, Laura Veiga da canle Pingando, Anxo Tato da canle Fica coa Bola (galardoado tamen co Premio Pioneiro), Carlos G. Vieito da canle Exército MekeMeke, Nee Barros da canle neeumatiko e o noso Presidente Fran da Lobeira, da canle a Lobeira today.
\n
Non fai falla que vos diga que isto supón un pulo moi grande para todes nós, e tamén unha responsabilidade para seguir a traballar como o vimos facendo ata o de agora e mesmo máis e mellor. De calquera xeito danos moitos azos para seguir a facer cousas por e para vós durante o presente ano e en anos vindeiros.
\n
Sentídevos por suposto galardoadas aquelas persoas que facedes parte desta familia creativa que é o Obradoiro Dixital Galego, este premio é de todes vós, e sabede que o máis axiña posible faremos unha quedada, ás que en quedaramos en chamar Xantanzas (chiscadela a Xantar + Xuntanza) e que aproveitaremos para sacar unhas fotografías e mesmo uns vídeos co premio e mais coma sempre, gozar da boa compaña, das conversas e das vosas historias.
\n
Isto é de todas e todes vós! En palabras de Familia Caamagno: Xuntas, máis fortes!!
\n","date_published":"Sun, 18 Feb 2024 17:06:40 GMT","date_modified":"Sun, 18 Feb 2024 17:06:40 GMT"},{"id":"https://obradoirodixitalgalego.gal/blog/posts/un-ano-de-obradoiro-dixital-galego/","url":"https://obradoirodixitalgalego.gal/blog/posts/un-ano-de-obradoiro-dixital-galego/","title":"Un ano de Obradoiro Dixital Galego! 🥳","content_html":"
Comprácenos informarvos do éxito da celebración da nosa II Asemblea Xeral 🚀. Avaliamos cumpridos os obxectivos da asociación neste primeiro ano desde a súa constitución oficial e tivemos unha xornada moi produtiva de confraternización e debates sobre as prioridades da asociación para este vindeiro ano.
Estes son os eixos que avaliamos como cumpridos:
\n
\n
Consolidar neste primeiro ano a existencia, funcionamento básico e presenza da asociación.
\n
Asistir como asociación e ter presenza física en varias feiras (festigal, culturgal) e a través de canles de persoas socias en varios eventos (GFFF) e medios (Nós Diario, Telemiño).
\n
Conseguir máis relevancia para a canle de Youtube en Galego.
\n
Facer unha retransmisión especial no día das letras galegas de bastante éxito, na que tivemos a colaboración de outras asociacións, colectivos e entidades.
\n
\n
Estas son as prioridades que nos marcamos para o ano que ven:
\n
\n
Mellorar a comunicación interna e externa.
\n
Realizarmos xuntanzas varias veces ao ano para dinamizar o funcionamento da asociación e das súas comunidades.
\n
Dinamizar a canle de twitch en galego e demáis canles da asociación.
\n
\n
Todo isto está máis desenvolvido na acta, a disposición das persoas asociadas e que achegamos por correo, así coma o vídeo con toda a asemblea.
\n
Contamos convosco para seguir medrando!💫
\n","date_published":"Thu, 01 Feb 2024 17:06:40 GMT","date_modified":"Thu, 01 Feb 2024 17:06:40 GMT"},{"id":"https://obradoirodixitalgalego.gal/blog/posts/queres-recibir-as-novas-no-teu-rss-engadenos-no-teu-xestor-rss/","url":"https://obradoirodixitalgalego.gal/blog/posts/queres-recibir-as-novas-no-teu-rss-engadenos-no-teu-xestor-rss/","title":"Queres recibir as novas no teu RSS? Engádenos no teu xestor RSS!","content_html":"
Vimos de actualizar a páxina para engadir as canles RSS tanto da asociación como das distintas comunidades (GalegoTwitch, GalegoTube e PodGalego). Deste xeito, se non tendes redes sociais ou non queredes que vos salan as publicacións nas vosas redes e preferides telas por separado no voso xestor RSS preferido, agora podedes facelo!
Para iso tendes que ir no menú superior a "Sobre nós" e entrar no apartado "As nosas redes de difusión", velaí atoparedes as ligazóns a todas as redes sociais de cada comunidade (e da propia asociación) e a ligazón do Feed RSS. Estes feeds son creados automáticamente dende as contas de Mastodon de cada comunidade, que é onde se replica o contido por defecto, de tal xeito que unha vez publicado vos chegará o voso RSS unha vez o engadades.
\n
\nAgardamos que vos resulte de utilidade!
\n","date_published":"Sat, 19 Aug 2023 15:41:26 GMT","date_modified":"Sat, 19 Aug 2023 15:41:26 GMT"},{"id":"https://obradoirodixitalgalego.gal/blog/posts/asociacion-vai-ser-o-tecido-que-envolca-as-comunidades/","url":"https://obradoirodixitalgalego.gal/blog/posts/asociacion-vai-ser-o-tecido-que-envolca-as-comunidades/","title":"A asociación vai ser o tecido que envolva as comunidades de Podgalego, Twitch e Youtube","content_html":"
Francisco Bermúdez, coñecido nas redes como Fran da Lobeira, é o actual presidente da recentemente creada Asociación Cultural Obradoiro Dixital Galego. Bermúdez aborda o proceso de creación da entidade, así como os seus obxectivos, e a importancia da visibilidade xa que, como el di, “canta máis xente nos coñeza, máis persoas falarán de nós”.
\n
\n","date_published":"Thu, 22 Dec 2022 16:15:26 GMT","date_modified":"Thu, 22 Dec 2022 16:15:26 GMT"},{"id":"https://obradoirodixitalgalego.gal/blog/posts/xa-temos-fichas-de-afiliacion/","url":"https://obradoirodixitalgalego.gal/blog/posts/xa-temos-fichas-de-afiliacion/","title":"Xa temos fichas de afiliación!","content_html":"
Ola! 👋🏽👋🏽 Como estás?
\n
💻 Recibes esta mensaxe porque constas nos nosos sistemas como creadora e polo tanto difundimos📡 o teu contido en galego.
\n
🥰 Queremos comunicarche boísimas novas.
🏛️ En marzo deste ano acordamos, nunha reunión da comunidade, constituirnos nunha asociación cultural. E conseguímolo!
\n
De agora en diante funcionamos como a ASOCIACIÓN CULTURAL OBRADOIRO DIXITAL GALEGO🛰️
\n
📡 Imos manter toda a nosa presenza en redes, e imos seguir difundindo o teu contido como ata agora.
\n
✍️🏼Ser unha asociación cultural permítenos ser moito máis participativas e ter unha actividade moito maior. É por iso que tamén che pedimos que nos axudes. Como? Afíliate❗️
\n
\n
🪙 A pequena aportación económica en forma de cota social é unha grande axuda que nos permite pagar servidores, material, aluguer de postos, aplicacións para a difusión dos vosos contidos, etc; e en definitiva é un apoio directo á normalización da nosa lingua nos novos medios 🛰️.
\n
As cotas anuais posibles son 12 € como cota reducida (por exemplo para estudantes e persoas desempregadas), 24 € como cota xeral para o resto de persoas e mesmo unha opcion para aquelas persoas que queiran aportar máis de 24, podendo persoalizar a cota.
\n
📨 A partir de que recibamos a túa ficha de afiliación, porémonos en contacto contigo polo correo electrónico que nos indiques e comezarás a recibir as comunicacións oficiais da asociación.
\n
📅 Este mesmo mes imos estar no noso posto no Culturgal, en Pontevedra, do venres 25 ao domingo 27. Podes vir falar con nós en persoa, asociarte e participar dos directos especiais que faremos. Podes traer material da túa canle! (colantes, camisolas, canecas, etc).
\n
📅 O sábado, 21 de xaneiro, teremos a nosa Asemblea Xeral en Vigo, onde aprobaremos protocolos de funcionamento e o programa de actividades para o ano que ven. Esperámoste!
\n
Estamos ao teu dispor para calquera info que precises,
\n
Atentamente,
\n
A Xunta Directiva da Asociacion Cultural Obradoiro Dixital Galega
\n","date_published":"Sun, 20 Nov 2022 11:25:39 GMT","date_modified":"Sun, 20 Nov 2022 11:25:39 GMT"},{"id":"https://obradoirodixitalgalego.gal/blog/posts/inscricion-no-rexistro-de-asociacions-e-posto-no-culturgal/","url":"https://obradoirodixitalgalego.gal/blog/posts/inscricion-no-rexistro-de-asociacions-e-posto-no-culturgal/","title":"Inscrición no rexistro de asociacións e posto no culturgal","content_html":"
O pasado 27 de Outubro recibimos a disposición favorable da administración e xa estamos inscritos no rexistro de asociacións. En canto as liñas de traballo da xunta directiva, estamos a traballar en dúas principais:
\n
Estamos traballando en ter material, trípticos e o traballo de organización, etc. Imos facer un directo no culturgal e como mínimo imos botar unhas risas e dar a coñecer o proxecto e a comunidade de forma activa. Cantos máis esteamos, mellor o imos pasar e mellor imos poder darnos a coñecer, explicarlle á xente o noso proxecto, etc. Ademáis, imos ter tumbonas no stand. Por iso queremos pedirvos que asistades, porque sería xenial contar coa vosa presenza nalgún dos días.
\n
A Culturgal vai ser do venres 25 ao domingo 27 en Pontevedra. Ao ter posto, podemos conseguir entradas a metade de prezo para bastante xente así que avisádenos de antemán para que vos pasemos o código. Imos ter un espazo dos máis básicos que ofrece o culturgal, non foi barato pero ímolo aproveitar ben e calculamos que os beneficios para o proxecto van superar o seu custe. Queremos que sexa un reflexo da riqueza das nosas comunidades polo que convidamos a todas as canles a facer uso del.
\n
Se tedes material da vosa canle podedes traelo e facémoslle sitio. En principio comunicámoslle ao culturgal que este ano non imos facer actividade comercial como actividade principal, así que non imos facer venda de material a grande escala. Para outros anos xa se poderá falar. Pero podemos repartir material como colantes da vosa canle, etc. (se os tedes, se non os tedes pensade en facelo que non é caro ter colantes e mola bastante).
\n
Temos pensado facer directos esporádicos dende o culturgal e convidámosvos a participar neles e a traer as vosas actividades ao posto. Ademáis, imos editar un tríptico con información básica sobre o proxecto, indicando que axudamos a novos creadores, agregamos listas de canles, etc, e convidando a xente a unirse ás nosas redes e ao discord.
\n
Como vos dixemos, estabamos pendentes do visto e prace da Xunta, que chegou a semana pasada. Quereriamos ter a asemblea o antes posible e regularizar a cuestión das persoas asociadas, etc. e ter un grande momento onde xuntarnos todos, facer balance e contemplar os desafíos que temos diante como comunidade e como podemos mellor organizarnos para acometelos (e por suposto tamén celebrar todo o traballo feito ata agora).
\n
Como o culturgal está aí xa, valoramos que vai ter que ser máis tarde. E como decembro é un mes complicado para todo o mundo, fixamos como data tentativa para a Asemblea Xeral o sábado, 21 de xaneiro, ás 12.00 (12h en primeira convocatoria, 12:30h en segunda). Como xa falamos, queremos que sexa en Vigo. En breves teremos confirmación dun local acaído para tal reunión, que xa temos apalabrado e seguramente será na zona do Casco Vello.
\n
De comezo esperamos que con esta antelación sexa suficiente a todo o mundo que vaia querer vir para reservar o día, pero se alguén tivese xa unha indisponibilidade grave que coñeza porfa que nolo faga saber a calquera de nós. Se hai moita xente que non pode ese día poderiamos mirar de organizar doutra maneira, pero de comezo queremos traballar con esa data.
\n
Por suposto, haberá convocatorias máis oficiais, e detallaremos ordes do día e temas a tratar, etc, pero de momento queriamos anunciarvos xa isto e darvos a información dende xa. Coma sempre estamos á vosa disposición para o que faga falla e agardamos que poidamos contar con vós,
\n
A xunta directiva
\n","date_published":"Thu, 03 Nov 2022 11:12:47 GMT","date_modified":"Thu, 03 Nov 2022 11:12:47 GMT"},{"id":"https://obradoirodixitalgalego.gal/blog/posts/constitucion-da-asociacion-cultural-obradoiro-dixital-galego/","url":"https://obradoirodixitalgalego.gal/blog/posts/constitucion-da-asociacion-cultural-obradoiro-dixital-galego/","title":"Constitución da A. C. Obradoiro Dixital Galego","content_html":"
A Xunta Directiva provisional da asociacion pasa a ser formada por:
\n
\n
Presidente: Fran da Lobeira
\n
Vicepresidente: Madialevo
\n
Secretario: Alkaine
\n
Tesoureiro: Adrancinho
\n
Vogal: O_Hanabi
\n
\n
Adicionalmente, xa iniciamos o proceso de rexistro no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia 🥰 En canto teñamos resposta, procederemos inmediatamente a convocar unha Asemblea Xeral Ordinaria en Vigo para ratificar a Xunta Directiva da Asociación e trazar os planos xerais de traballo para o ano que ven. Procederemos tamén a iniciar o funcionamento normal da asociación e porémonos en contacto con todas e todas vós para disponibilizarvos a ficha de afiliación para que poidades formar parte da asociación o antes posible (idealmente en cando obteñamos resposta oficial da Xunta da nosa inscrición).
\n
Comunícovos tamén que xa nos puxemos en contacto co Culturgal, que se celebra a finais de novembro, co obxectivo de ter a máxima presenza posible.
\n
Apertas!
\n","date_published":"Sat, 17 Sep 2022 09:04:52 GMT","date_modified":"Sat, 17 Sep 2022 09:04:52 GMT"}]}