Lámbrica é unha palabra composta (LAM-BRICA). O sufixo céltico -briga é ben coñecido e significa fortaleza ou fortificación, normalmente situadas en lugares altos por razóns obvias. En consecuencia, Lámbrica ten o significado de Cidade Forte de Lam. “Lam“, que soaría, posiblemente, como algo parecido a [tʃan], podería facer alusión a lugares chans, derivando posteriormente en topónimos como Chao ou Chaira, este último presente aínda hoxe na ladeira occidental da citania.
https://lambrica.fala.gal/