Punto e Volta é unha radiografía da música tradicional galega no s.XXI. Quen a toca, quen a baila e como se transmite, atendendo a cuestións como a perspectiva de xénero ou a función social que cumpre. Para isto, realizamos entrevistas a informantes, mestras e alumnas, e tamén recollemos as súas músicas e bailes.
Proxecto realizado por Olaia Tubío, David Fontán, Alejandro Gándara e Raquel Pérez.
www.puntoevolta.com