![Logo de Curiosa Coruña ciencia literatura e arte](/img/comunidade/Curiosa_Coruna_ciencia_literatura_e_arte.webp)
Curiosa Coruña ciencia literatura e arte En activo
Dende a perspectiva da curiosidade como ponte que axermana as humanidades e as ciencias, enfíanse os vídeos de varias iniciativas levadas a cabo dende a Coruña ou dende outros lugares de Galicia ( España) cun denominador común: a conciencia e o compromiso coa comunicación da ciencia dende unha óptica que aúna o literario, o artístico, o filosófico. Coa profunda conciencia de habitar un espazotempo e un planeta que precisa do pensamento crítico e do coñecemento amplo, profundo.
Dirixidos por Estíbaliz Espinosa. Escritora, astrónoma amadora, mezzosoprano.