O meu proxecto consiste non só en traducir e poñer letras, senón en divulgar contido musical para todos os galegos e galegas sen ter que recorrer a outros medios tanto no idioma orixinal como en fontes en castelán. Gustaríame tamén ser unha plataforma que proxecte novos e antigos produtos musicais, dando a coñecer obras que, ao estar en galego, son difíciles de atopar, do mesmo modo que para descubrir novos xéneros e artistas en calquera idioma.