Ola, somos Galizan Gamer! :D Aquí poderás ver contido sobre videoxogos como retransmisións de conferencias, directos grupais como as Pochonovas ou partidas soltas dalgún de nos. Os 4 integrantes somos: Dinav, Fedello, Mosynho e Antón.

Como axudarnos?

Compartir o que poñemos nas redes, seguirnos e facernos compañía un rato sempre axuda :)

A maiores, queres apoiarnos para que a canle poida seguir traendo contido todos os meses? Podes facelo no noso Patreon polo que custa un café

Agradecementos ❤️

Revista Morcego, a primeira revista dixital de videoxogos en galego que nos informa diariamente sobre as principais novidades da industria.

Fala! é unha plataforma sinxela e intuitiva que che permite comezar cun blogue ou cunha web sinxela en galego e ter un dominio .GAL

Es Patreons mes a mes coa súa aportación. Nomeadamente Risou, Farún, Ana, Frede e Adrancinho.

Pronomes

Se che apetece amosar o pronome co que queres que a xente se refira a ti correctamente, tes unha extensión moi chula chamada Twitch Chat Pronouns 🌈

Normas e contido

Non se permiten baixo ningún concepto faltas de respecto, insultos, violencia do tipo que sexa, comentarios de odio, misoxinia, lgtbfobia, discriminación por raza, relixión, etc. Se vemos algo diso ou similar, baneo e punto.

O contido que facemos, como se indica ó entrar na canle, é pensado para adultos maiores de 18 anos. Avisado está.

Ademais da publicidade regulada por twitch que salta automaticamente sen o noso control, nesta canle as veces vese contido de terceiros como trailers ou clips. Estes tamén poden conter publicidade, a cal pode ser para maiores de 18 anos. De novo, por iso esta canle está configurada como "para adultos".