🧘🏼♀️ Un lugar para parar un intre, respirar e volver ao presente. Aquí atoparás meditacións guiadas, exercicios de respiración e prácticas de mindfulness para relaxarte, reducir a ansiedade, descansar mellor ou simplemente regalarte uns minutos de calma.
Cada vídeo contén unha imaxe gravada nun espazo natural galego, co son ambiente do momento e música relaxante, así como unha voz en off calmada e pensada para escoitar sen présa.
Non tes que conseguir nada nin sentirte dun xeito concreto. Abonda con chegar como estás e quedar un pouco.
🎧 Pon os auriculares, busca unha postura cómoda e deixa que estes minutos sexan para ti.