Multimedia de uso libre

Músicas, sons, imaxes e vídeos para utilizar no teu contido

Aquí podedes atopar algúns recursos libres, ou case, que podedes empregar para os vosos vídeos, directos ou podcasts. Coñeces algunha outra páxina que ofreza este contido ou ferramenta que permite xeralo? Comentanos para engadila!

Música e sons libres

Ollo sempre as licenzas. Se permiten só o uso non lucrativo non deberiades empregalas ides monetizar, por exemplo se sodes afiliados en twitch.

  • Cousxs tivo a ben crear estes temas Lo-Fi para todas aquelas persoas que crean contidos na nosa lingua. Non deixedes de atribuír e pasar polo seu Twitter se che gusta o que oes.
  • FreeSound – recursos sonoros, efectos, gravacións de campo, etc. Muitas con licenzas CC-0.
  • FreeMusicArchive – recursos sonoros, efectos, gravacións de campo, etc. Muitas con licenzas CC-0.
  • FreePD - Nesta páxina tes música dividida por temas (Comedia, drama, bandas sonoras...)
  • GameSounds - recursos de son para videoxogos.
  • CCMixter – músicas instrumentales, para bandas sonoras, etc. Licenzas CC-NC, CC-BY e TuneTrack.
  • Jamendo – música de todos os estilos con licencias para uso comercial (consultar condicións e prezos).
  • Epidemic Sound – outra opción para conseguir música con licencias para uso comercial (consultar condicións e prezos).
  • WhatFunk – música libre instrumental para usos comerciais, ou non, organizada por estilos, xéneros ou instrumentos.
  • [AudioLibrary] - Músicas lo-fi de distintos estilos, moitas con licencias CC-0.
  • [FreeMusicArchive] - Música de libre uso e que podes utilizar en calquera proxecto.
  • BandCamp - Aquí pódese consultar os dereitos de uso, por exemplo Ataque Escampe ten uso libre
  • Mobygratis - Música libre de dereitos para cinema e vídeos non comerciais do DJ Moby.
  • Banco de imaxes e sons do Ministerio de Educación - Nesta web hai moitos recursos aínda que navegar por ela e sacar sons de calidade pode ser compricado.
  • Biblioteca sonora de Youtube - O propio arquivo de Youtube para engadir músicas e sons directamente nos teus vídeos.
  • Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade - Aquí podes atopar rexistros sonoros e audiovisuais das coleccións do patrimonio inmaterial do Museo do Pobo Galego.
  • GameChops - Música gratis (con recoñecemento) para os directos / vídeos, basadas en videoxogos.

Imaxes libres

Se precisas imaxes para o directo ou para deseños estas son algunhas das webs máis populares, fíxate se é necesaria atribución ou non para o seu uso en cada caso.

  • Unsplash – Banco de fotografías de uso libre que permite tamén usos comerciais.
  • Pxfuel – Outro banco de imaxes de uso libre.e
  • Stock Up – Banco de imaxes xeralmente libres. Consultar a licenza de cada unha.
  • unDraw – Se o que buscas son ilustracións.
  • Pixabay e PublicDomainVectors - Se buscas imaxes vectoriais.

Vídeos libres

Se o que precisas son vídeos para o seu uso nos directos nestas webs atoparás unha ampla selección.

  • Videvo – Modeleos de Premiere, Afecter Effects e clips varios de vídeo de uso libre.
  • Mixkit – Clips de video, música, efectos de son, dispoñibles libremente.

Intelixencias Artificiais

Nos últimos tempos saíron ferramentas de intelixencia artificial que nos permiten crear os nosos propios recursos gratuitos en base a descripcións que lles facemos. Podedes consultar este vídeo de Anxo Sánchez para velo na práctica.

  • DALL·E 2 - Unha IA que pode xerar imaxes realísticas e artísticas a partir dunha descripción. Ten uns créditos gratuitos e despois hai que pagar para recargalos, xa que utiliza a computación na nube.
  • Stable Diffusion GUI - Outra IA que permite xerar imaxes utilizando a computación do teu PC, pode ser máis lenta xa que utiliza o teu propio equipo pero é completamente gratuita.
  • Lexica - Nesta páxina podemos ver imaxes xeradas con Stable Diffusion e ver con que frase a xeraron, moi útil para aprender a usar a ferramenta.
  • OpenAI - Permite xerar textos en galego para artigos de blogue, páxinas web, relatos curtos, traducións, extraer palabras chave dun texto. Pódese utilizar para xerar o guión dun vídeo de titoriais por exemplo. Ao igual que DALL·E, ten uns créditos gratuitos e posteriormente hai que pagar para recargalos.
  • WriteSonic - Tamén é outra IA para xerar textos, é gratuita pero non recoñece o galego polo momento.
  • Synthesia - Permite xerar vídeos cunha persoa xesticulando e narrando un texto. Pódese entrenar para que o faga con imaxes propias e está dispoñible en galego.
  • ChatGPT - Unha IA conversacional que che permite xerar guións e ir guiandoa para que che xere o contido. O límite é a túa imaxinación!