Serán as Efeméridas, as efemérides efémeras que seleccionará para ti. Que que raio é iso? Pois habitualmente temos unha idea das efemérides vinculadas ao nacemento ou morte de grandes prebostes, políticos, científicos ou artistas, conmemoración de batallas, conquistas, caídas e descensos de imperios.
Manuel Gago quere ofrecerche outra cousa ben divertida: explorar a inxente documentación galega, desde a Idade Media (ou a veces antes) ata o século XX, para conmemorar feitos pequenos que nos contan moito de nós mesmos: desde caídas dun carro ata vendas de leiras, pasando por representacións teatrais, rifas entre parroquias ou batallas esquecidas. Pequenas historias coas que podemos aprender moito do noso pasado.
Descarga todos os episodios da tempada 1, tempada 2, [tempada 3](https://drive.google.com/file/d/1Nd_pm-MniPC39ppr6pYivdJq9kadsJKl/view?usp=sharing" target="_blank" rel="noreferrer noopener) e [tempada 4](https://drive.google.com/file/d/1nQpFsnvgRGqudK4tXZtp14F0cr0EQYst/view?usp=sharing" target="_blank" rel="noreferrer noopener).
Texto e máis información en: www.manuelgago.org