"O crime da Orca Vella" é unha ficción sonora realizada pola Aula de Teatro Municipal de Fisterra. Unha historia encadrada no xénero "Quen o fixo?", na que unha investigadora afeccionada e a súa axudante, percorrendo a paisaxe sonora de Fisterra, intentarán descubrir cal dos habitantes da vila levou a cabo un crime cuxa vítima está desaparecida.
Este traballo é resultado do curso 2020-2021, no que, dez alumnas e unha profesora, non poidemos ter clases de teatro presenciais e buscamos a maneira de facer da necesidade virtude e suplir a nosa presenza coa maxia da radio. Os capítulos emitíronse a través da radio Neria (onde gravamos) e posteriormente difundímolos a través de ivoox, a páxina do Concello de Fisterra e as nosas propias redes sociais.