En Retrocorenta percorremos algúns recunchos das últimas catro décadas da historia de Galicia tirando dos fíos da cultura, da música, dos deportes, das xentes, dos lugares… Algunhas desas cousas que tamén son historia do país e parte da nosa memoria colectiva. Poremos voces ás lembranzas, refrescarémolas e, seguro, tamén falaremos un chisco do presente e do futuro.
O programa, conducido por David Lombao e Ana G. Liste, é unha produción de Praza e VINTE.
Coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.