Cinema Caníbal é un programa de entrevistas no que nos achegamos a persoas salientables da cultura galega a través dos filmes que, dun xeito ou doutro, marcaron a súa vida. Unha forma diferente de coñecer a algúns dos rostros máis coñecidos da nosa terra. Medio centenar de invitados xa pasaron pola nosa canle.
Atópanse tras este proxecto Xabier Jácome (realizador), Rubén Di Groovie (director de videoclips e músico) e Miriam P. Álvarez (xestora cultural).