AGANTRO garante a privacidade das e dos participantes no proxecto sexa por escrito, audio ou vídeo.Os vídeos con acceso aberto o están, porque así o decidiron as persoas que os realizaron.
O coronavirus cambiou o mundo case dun día para outro. A pandemia afecta a todas e cada unhas das persoas que habitamos o planeta. Para entender como e en que grao, o primeiro é botar a ollada sobre o máis próximo, e achegarnos aos relatos en primeira persoa sobre as transformacións na vida cotiá nesta situación inédita. Isto é o que buscamos desde AGANTRO (Asociación Galega de Antropoloxía) xunto co Museo Etnolóxico de Ribadavia, con esta proposta. Como antropólogas o noso obxectivo é facer un repositorio de autoetnografías de urxencia, un retrato do presente desta crise, preguntándovos polo voso día a día neste contexto, contando o que sentides e o que opinades ao respecto do que está pasando, das medidas de excepción, do distanciamento, da redución da mobilidade e do confinamento.