Webserie sobre divulgación histórica na que seguimos as viaxes por Galicia de Carlos Lixó, Doutor en Historia e profesor da materia no ensino obrigatorio. Cun caderno de notas baixo o brazo e un millón de preguntas por respostar, Lixó visitará os diferentes escearios que algún dia foron chave na configuración do Reino. Por que se o Reino de Galiza é tan obvio as galegas e galegos sabemos tan pouco de el? A Historia a escribiron sempre os vencedores? Como se investiga a historia na contemporaneidade? Para responder estas cuestións, Lixó falará con expertos na materia que lle axudarán a discernir entre mito e feito, visitará restos arqueolóxicos e fondos documentais que avalan os diferentes campos de estudo. Facendo un percorrido que de seguro nos obrigará a que nos cuestionemos todo o que coñecemos sobre a historia medieval de Galicia. Falemos de Historia, falemos do Reino de Galicia. #FalemosdoReinodeGalicia Proxecto financiado pola Area de Cultura da Deputación da Coruña.