Kinocube é unha bitácora centrada na reflexión arredor dos arquetipos cinematográficos que se repiten ao longo da historia do cinema. Ademais, nesta bitácora poderás atopar recomendacións de filmes e mais artigos sobre grandes cineastas. Paralelamente, a canle de YouTube de Kinocube pon o foco nas personaxes arquetípicas do cinema, ofrecendo anacos da historia cinematográfica, da narrativa e da literatura, exemplos paradigmáticos e reflexións profundas sobre a narrativa audiovisual.