Buscas receitas en galego? Pois esta é a túa canle!
Chámome Noemí e son unha profe de galego namorada da gastromía e da lingua que decidiu unir dúas das súas paixóns e abrir un blog para compartir receitas e mergullarse no mundo da cociña. Aquí encontrarás vídeos en que paso a paso che ensino a preparar comida vegana, receitas saudábeis e, como non, pratos tradicionais e receitas típicas de Galicia.
Alén diso, encontrarás moitas máis receitas e contido diario na miña conta de Instagram (@ media_laranxa) onde ademais de descubrir pratos novos poderás practicar e mellorar o teu nivel de lingua galega a través das larandicas e dos xogos que facemos todos os venres.
Acompáñasme nesta aventura? Eu estou desexando que te unas e partillemos trucos de cociña para aprendermos xuntos.
Tamén me podes encontrar no resto de redes sociais: Instagram: @media_laranxa Web: medialaranxa.fala.gal Facebook: www.facebook.com/MediaLaranxa TikTok @media_laranxa
Contacto: medialaranxareceitas@gmail.com