Todo recollido no vídeo de presentación:
Pero para os fans da lectura déixoo tamén por escrito ;) : Esta canle tenta ser por unha banda un videoblogue onde darlle acubillo ás múltiples ideas que poidan andar a rebulir pola miña cabeza adiante e, asemade, ser unha ferramenta e un impulso para a normalización da lingua. Ser proba de que o galego vale para estar no Youtube, para falarmos e comentarmos o que queiramos e, en xeral e fundamentalmente, vale para vivir!
Intento subir vídeos cada semana/dúas semanas tratando temas diversos e outras cousas que se me van ocorrendo sobre a marcha...