Esta canle creouse coa intención de rememorar os mellores momentos das películas e series dobradas ao galego. Porque opinamos que as películas en galego teñen un aquel que non teñen no orixinal, xa que a riqueza da nosa língua e os seus xiros idiomáticos permiten unhas expresións moi orixinais e auténticas, moi nosas. E ver aos actores americanos, asiáticos ou de calquera outra nacionalidade, falar en galego con esas expresións, é sublime. Os audiovisuais adquiren unha nova dimensión, e é por iso que opinamos que merece a pena compartilos e espallalos polo mundo. Saúdos!