Obradoiro Dixital Asociación Cultural Obradoiro Dixital Galego
  • Sobre nós
  • Recursos
  • Regulamento
  • Novas
  • Comunidade
Buscar K
Logo de Proxecto Rebinxe

Proxecto Rebinxe

REBINXE é unha organización sen ánimo de lucro que nace no ano 2020 da man de profesorado e alumnado do IES San Rosendo de Mondoñedo. Supón a continuidade fóra das aulas dun proxecto de educación ambiental que comezou no 2017. REBINXE é o acrónimo de Recuperación da Biodiversidade na Xeografía Rural, e ao mesmo tempo significa rebeldía, porque cremos que cómpre rebelarse contra a destrución do noso patrimonio natural e paisaxístico e loitar por un rural con futuro da man da xuventude.

Realizamos traballos de investigación sobre a biodiversidade galega e accións de divulgación e conservación da natureza. A nosa filosofía é a de involucrar á veciñanza do rural, especialmente aos máis novos, na conservación do medio e das especies ligadas á actividade agrícola e gandeira.

Defendemos o dereito a unha vida digna no rural galego, que debe estar dotado de servizos, garantir a diversidade económica e potenciar as actividades agrogandeiras respectuosas co medio.

Youtube

Queres actualizar o teu proxecto? Cubre este formulario engadindo toda a información que queiras modificar!

  • Política de privacidade
  • Discord
  • Twitter
  • Mastodon
  • Bluesky

Este sitio foi creado con Lume —