Proxecto reseñas. Neste proxecto elixiremos una obra , cada dous meses, para facer a súa “reseña” crítica ou descritiva que faga xurdir novas lecturas e documentos complementarios. ¿Por qué o facemos? Para difundir os fondos e recursos bibliotecarios desde a Biblioteca Universitaria , impulsar e dinamizar os fondos documentais, recursos dixitais e informativos de interese (monografías, publicacións periódicas, bases de datos, libros electrónicos,…) relacionados cos coñecementos tratados nos libros recensionados para que a comunidade poida coñecer, rendibilizar e aproveitar eficazmente os recursos da Biblioteca da Biblioteca. Para espertar a curiosidade e a inquietude por temas de actualidade , investigación ou cultura que permitan fomentar e incrementar a formación dos participantes mediante a confrontación de ideas e o diálogo permanente e crear un espazo de lectura, pensamento e reflexión aberto.
Grazas pola vosa atención.