Roleiradas nace da miña progresiva intención de publicar contidos roleiras en galego. A pesares de que a maioría das partidas as teño en castelán por xogalas con persoas de fóra do meu país, todas as seccións de análises e similares as emito no idioma que falo.
Pode que hai quen pense que non emitir en castelán restrinxa as posibilidades de difusión destes vídeos, mais non todo é economía de escala e medición do grao de éxito por visualizacións. Hai algo máis importante, que é visibilizar o idioma propio, darlle uso, coidalo e difundilo. Agardo que sepades comprender a miña decisión, porque como miña que é a tomo con todas as súas consecuencias. Disfrutade do contido que xenero e sentídevos libres de comentar conmigo o que conveñades. Vémonos nas pantallas ou nas mesas.