XURXO JACHÍA - GAITEIRO
Propuxen fai oito anos de cangar no youtube uns videos e así aforrar o traballo que daba cargar cada semán os pinganillos (USB) dos meus discípulos, pois de aquela non todos tiñan unha cámara de video. A miña ignorancia foi tal, que sen darme conta bulía xente de todo-los sitios por ver se lles cangaba tal e cual peza, e como dábame o mesmo fun seguindo. A cousa pouco a pouco desmadrou, e claro, agora polo visto teño a xente aprendendo pola miña canle dende tódolos sitios, e cando digo todos, a mais de medio mundo me refiro. Non lle podo facer mais, o mundo é cativo. Non pretendo nin pretendín crear escola nin nada parescido, pero tampouco vin o interese polos eruditos por darlle vidilla a estas cousas e poder así compartir os seus coñescementos con outros individuos, individidos. Vin, eso si, agás de agradecidos, que os hai en tódolos sitios, poñer os dentes longos pra que somente aprendan os listos. Iso non é mais bunito.