Youtubeiras chega á sexta edición no 2022 para incentivar, consolidar e fortalecer a creación de vídeos en galego no Youtube. Nesta nova edición ponse o foco sobre a comunidade de persoas creadoras en galego, en constante crecemento e capaz de abranguer nas súas canles todas as temáticas en calquera formato.
Temos unha comunidade de creadoras e creadores de calidade cunha rede forte, enérxica e apoderada. Para rede, a nosa!
Crea, consume e comparte Youtube en galego! Participa!
Youtubeiras é unha iniciativa organizada polos servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, Ames, Carballo, Moaña, Negreira, Pontevedra, Rianxo, Ribadeo, Rois, Santiago de Compostela, Teo e O Grove, a Deputación da Coruña e as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.
www.youtubeiras.gal