Sobre min
Son Daenvil e este é o meu blog persoal, onde comparto os meus intereses (cando teño tempo libre e gañas de facelo). Son físico por formación e desenvolvedor de software por paixón.
Porén, aquí veño falar dos meus intereses principais: videoxogos, cociña, xogos de rol, fantasía, ciencia ficción, etc. Tamén son vegano, e iso lévame a centrar moitos dos meus proxectos nese aspecto, para intentar achegar este tema á xente dende onde podo.
Neste blog céntrome principalmente en:
- Falar dos meus proxectos (podes ver unha lista detallada aquí).
- Compartir receitas propias.
- Escribir artigos de opinión e de divulgación sobre temas nos que considero que podo aportar algo.