A. C. O. D. G. Asociación Cultural Obradoiro Dixital Galego
  • Sobre nós
  • Recursos
  • Novas
  • Comunidade
Buscar K
Logo de EcoCanle Galiza

EcoCanle Galiza

Presentamos un programa en formato audiovisual que poderá verse online a través de YouTube. Trátase dunha ferramenta comunicativa ao servizo dos movementos ecoloxistas na que terán cabida diferentes temáticas no ámbito do ecoloxismo. Nestes tempos de emerxencia climática e necesidade imperiosa dunha transición ecosocial, precisamos de espazos de encontro que dean conta das iniciativas en defensa do noso medioambiente e das apostas por outro modelo de producción e consumo.  Xusto cando arrecian as agresións á nosa Terra(extensión do monocultivo de eucalipto, proxectos extractivistas, avalancha de macroparques eólicos, contaminación do litoral e dos húmedais, arboricidios) faise necesario visibilizar estas problemáticas dando a voz a persoas do ámbito do ecoloxismo e das plataformas que loitan contra a depredación de Galiza. Nese sentido, en EcoCanle atoparedes entrevistas, reportaxes de actualidade, videodenuncias e crónicas de mobilizacións, sempre desde unha perspectiva ecofeminista.

Youtube
  • Discord
  • Twitter
  • Mastodon

Este sitio foi creado con Lume —