Pretendendo facer chegar a canta máis xente posible as tradicións e os coñecementos orais do pobo galego, publico (a día de hoxe sobre todo en Instagram, onde estou máis activo) videos divulgativos de curiosidades que inclúen instrumentos musicais, contos ou lendas. Como se comprenderá, a listaxe de temas a tratar non é "numerus clausus", e está máis ben marcada pola conxunción de dúas cousas: os criterios de oportunidade derivados do feito de ser este un proxecto que xorde no meu tempo de lecer, e a vontade de promocionar e facer que pervivan na rede para canta máis xente posible os nosos saberes e a nosa esencia.