Somos un colectivo creativo sen ánimo de lucro que organiza en Boiro un encontro de ilustración (A cor de Boiro) e un de cine e educación (Festival de cine escolar Olloboi). Ofrecemos tamén formación audiovisual (Aprendo con Olloboi e Ollobradoiros).
Cada ano facemos un encontro de creación en Boiro con escolas, cineastas e veciñanza, os tres eixes do noso proxecto. Levamos desde o 2009 promovendo a creación de cine nas aulas e temos un bo arquivo de curtametraxes que testemuñan a nosa historia recente.