Sobre O Planeta de Hoxe en Día

Somos unha canle de YouTube á que nos encanta falar de temas dos que habitualmente non se fala nos telexornais. Aínda así, cando se produce un evento de grande importancia ou que pode ser relevante, adicámoslle un vídeo.

O 10 de decembro de 2021 démonos a coñecer ao mundo cunha frase referida aos eventos que, dalgún xeito ou outro, cambiaron a historia. “Cada xesto, palabra, acción que facemos pode ter consecuencias grandes ou pequenas, e o conxunto deses xestos, palabras e acción leváronnos ao Planeta de Hoxe en Día”.

Desde ese día falamos dunha posible 3ª Guerra Mundial pola situación de tensión que había no momento na fronteira entre Ucraína e Rusia (11 días despois comezou a guerra); do Couto Mixto, a Andorra galego-portuguesa; da vaga de incendios que se produciu en Galicia no verán de 2022 e as súas causas, ou do hidróxeno verde, a enerxía do futuro.

Actualmente continuamos investigando para seguir ofrecendo datos curiosos tanto en Youtube coma en Instagram e TikTok.

Todo O Planeta de Hoxe en Día

Accede desde aquí a todas as nosas redes sociais: https://linktr.ee/oplanetadehoxeendia