Almanaque do Obradoiro Dixital 2024

Publicado por Obradoiro Dixital Galego

3 min

Imaxe dun deseño gráfico para o 'Almanaque do Obradoiro Dixital 2024'.   Inclúe un fondo azul con detalles brancos que semellan neve. 

Un texto di: 'Ola! Veño de investigar como lle foi este ano ao Obradoiro Dixital Galego e aquí traio os resultados: O ALMANAQUE DE OBRADOIRO DIXITAL 2024!' 

Aparece Faísca, a nosa mascota, ilustrada cun corpo azul, cornamenta branca e un visor tecnolóxico, sorrindo.

❄️✨ Felices festas dende o Obradoiro Dixital! ✨❄️

Faísca recolleu todo o que fixemos este ano a prol da comunidade da creación dixital en galego no Almanaque do Obradoiro Dixital 2024 📒

Grazas a todas as persoas colaboradoras e asociadas, que son as que nos permiten medrar e chegar a todas partes 💙

Canda Faísca e canda ti, seguimos tecendo redes

🚀 Bo 2025!

Imaxe dun deseño gráfico destacando os fitos do Obradoiro Dixital Galego en 2024, cun fondo azul e detalles brancos que simulan neve. O texto di: 'En 2024, chegamos a ser 59 persoas asociadas! Hai engadidas 797 canles! A comunidade do Youtube En Galego levou o premio Redes no certame Youtubeiras! Tamén colaboramos co Culturgal 2024 cunha retransmisión en directo. Ademais, editamos o primeiro número do fanzine Erros de Raccord, organizado polas canles de cinema de Obradoiro Dixital Galego.' Na parte inferior esquerda, aparece Faísca, a mascota do Obradoiro, cunha expresión alegre. Imaxe dun deseño gráfico titulado 'As canles novas engadidas en 2024!' no que se destacan varios proxectos e persoas asociadas ao Obradoiro Dixital Galego. Nun fondo azul con detalles brancos de neve, aparecen os seguintes elementos:

Faísca, a mascota do Obradoiro, na parte superior esquerda cunha expresión alegre.
Un cadro con texto onde se destacan novas incorporacións:
A Folla: Boletín semanal de Jacobo Tarrío sobre enxeñería de software.
Agalinhas: Proxecto infantil da AGAL (Associaçom Galega da Língua).
_alexiamarino: Creadora de contido lifestyle en galego.
AGAL: Associaçom Galega da Língua, reintegrando o galego na lusofonía desde 1981.
Aira Editorial: Editorial xeneralista en lingua galega.
Cada un dos elementos inclúe un pequeno logo ou fotografía representativa. Continuación da imaxe anterior coas novas incorporacións:
- Betanzos Capital: Proxecto de contidos dixitais divulgativos sobre betanzos.
- A Mesa pola normalización Lingüistica. Plataforma para a promoción do galego.
- Concello de calibán: Canle sobre Warhammer en lingua galega.
- As chaves da lingua: Proxecto para resolver dúbidas sobre o galego.
- Cuspindo P'arriba: Canle de divulgación do galego, ensaio, filosofía e humor.
- 13 avisos: Historias cheas de intriga e misterio, ao máis estilo Hitchcock.
- Daenvil: Blog persoal de Daenvil sobre videoxogos, cociña, fantasía...
- Mulleres que viven soas: 10 cápsulas sonoras que recollen experiencias de mulleres diversas. Continuación da imaxe anterior coas novas incorporacións.
- Fado de Lumia: Canle adicada a traducir cancións ao galego.
- Infúe.gal: Podcast sobre a influencia e a cultura en galego.
- FICBUEU: Canle oficial do Festival Internacional de Cinema de Bueu.
- Lembrame.gal: Reportaxes e documentais de historias e recordos.
- IagoRaw: Pequenas historias naturais chamadas 'Poemas da natureza'
- Lupo Iac Oficial: Canle oficial do videoxogo do Lupo Iac.
- Index.gal: Canle adicada á tecnoloxía, en galego.
- Non vale furar: Canle pioneira sobre fútbol galego. Continuación da imaxe anterior coas novas incorporacións
- PiAlfa801: Canle sobre libros, linguas, recensións e ASMR.
- O corvo gralla: Blog e podcast persoal de Marcos Taracido.
- Star Wars: Galaxy Of Heroes en galego: Retransmisións do xogo SW:GoH en galego.
- Ou ké! Medio de comunicación sobre a realidade social de Ourense e Galicia.
- Tamara Rodríguez Pereira: Canle de divulgación sobre o mundo emocional.
- O Xapón en galego: Canle sobre Xapón de Kazuki Felipe, 'O xaponés que fala galego'.
- O Xornal da Estrada: Canle do medio de comunicación da estrada.
- Pedagoxía do Ferrado: Canle sobre a atención a infancia e os servizos sociais. Imaxe final co mesmo deseño gráfico que as anteriores cun debuxo de Faísca no que sostén unha pandeireta nunha das máns e pon 'Felices festas' en letras brancas sobre fondo azul no seu televisor.

O texto da imaxe é unha panxoliña:

Nestas festas tan fermosas
tamén hai que celebrar
que a nosa lingua é nosa
e que ap odemos usar.

Na rúa e en internet,
man con man, na nosa terra;
se creamos en galego
vivirá mil primaveras.

---

Tes un proxecto en liña en galego? Afíliate no Obradoiro Dixital Galego!

Afíliate!