Liga Galega de Pokémon 2024/2025

Publicado por Obradoiro Dixital Galego

2 min

Cartaz coa tipografía típica de Pokémon na que se lee "Liga Galega Pokémon" en letras azuis e "24-25" debaixo en letras vermellas.

Ei adestradoras! Sabedes xa que podedes participar na Liga Galega de Pokemon organizada dende O Obradoiro Dixital Galego? Pasaivos que vos contamos.

Un bellsprout sacudindo e batendo un Bulbasaur contra o chan Tratase dunha competición de acceso público para adestradores en galego, co único obxetivo de coñecernos entre nós e aumentar as amizades das persoas que temos aficcións comúns e en lingua galega. Para xogar só tes que ser maior de idade e acceso a rede.

Usaremos o Pokemon Showdown, unha web que nos permite xogar entre nós sen ter ningún aparello nin conta premium relacionada coa gran N. Vamos que é gratis! E para facelo máis accesible usaremos as normas da primeira xeración do pokemon stadium.

E canto durará a competición? Pois comezaremos a partir do 8 de xaneiro e manterase ate comezos de xuño, máis teremos flexibilidade dentro das posibilidades dos organizadores e xogadores.

O Team Rocket (Jessie, James e Meowth) coa R do seu logo por detrásAdemais teremos unha competición de "Performance", é dicir poderase acudir a liga con aspecto de adestrador e actitude do mesmo para entrar dentro desta categoría.

Por último todo isto retransmitirase polas canles do Obradoiro dixital, para que vos poidades pasar a velas, comentar as xogadas e divertirnos en común.


Bases resumidas - Consultar o texto vendo as bases completas

Para máis información consulta as bases completas premendo nesta ligazón