Constitución da A. C. Obradoiro Dixital Galego
É unha grande alegría comunicarvos que o sábado 17 de setembro culminamos meses de traballo e publicidade constituindo en Compostela a Asociación Cultural Obradoiro Dixital Galego, cos obxectivos e principios reflexados nos estatutos elaborados pola comunidade.
A Xunta Directiva provisional da asociacion pasa a ser formada por:
- Presidente: Fran da Lobeira
- Vicepresidente: Madialevo
- Secretario: Alkaine
- Tesoureiro: Adrancinho
- Vogal: O_Hanabi
Adicionalmente, xa iniciamos o proceso de rexistro no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia 🥰 En canto teñamos resposta, procederemos inmediatamente a convocar unha Asemblea Xeral Ordinaria en Vigo para ratificar a Xunta Directiva da Asociación e trazar os planos xerais de traballo para o ano que ven. Procederemos tamén a iniciar o funcionamento normal da asociación e porémonos en contacto con todas e todas vós para disponibilizarvos a ficha de afiliación para que poidades formar parte da asociación o antes posible (idealmente en cando obteñamos resposta oficial da Xunta da nosa inscrición).
Comunícovos tamén que xa nos puxemos en contacto co Culturgal, que se celebra a finais de novembro, co obxectivo de ter a máxima presenza posible.
Apertas!