Queres recibir as novas no teu RSS? Engádenos no teu xestor RSS!

Publicado por Obradoiro Dixital Galego

1 min

Captura de pantalla coas instruccións para chegar as ligazóns de RSS. Premer en "Sobre nós", despois en "As nosas redes de difusión" e posteriormente nas ligazóns RSS que nos interesen.

Vimos de actualizar a páxina para engadir as canles RSS tanto da asociación como das distintas comunidades (GalegoTwitch, GalegoTube e PodGalego). Deste xeito, se non tendes redes sociais ou non queredes que vos salan as publicacións nas vosas redes e preferides telas por separado no voso xestor RSS preferido, agora podedes facelo!

Para iso tendes que ir no menú superior a "Sobre nós" e entrar no apartado "As nosas redes de difusión", velaí atoparedes as ligazóns a todas as redes sociais de cada comunidade (e da propia asociación) e a ligazón do Feed RSS. Estes feeds son creados automáticamente dende as contas de Mastodon de cada comunidade, que é onde se replica o contido por defecto, de tal xeito que unha vez publicado vos chegará o voso RSS unha vez o engadades.

Agardamos que vos resulte de utilidade!