Un ano de Obradoiro Dixital Galego! 🥳

Publicado por Obradoiro Dixital Galego

1 min

Fotografía no exterior do Museo do Pobo Galego coa faixa co cartón de axuste de Obradoiro Dixital Galego. Detrás dela e de esquerda a dereita están Fran da Lobeira, David Paz (Madialevo), Laura Veiga (Pingando), Sofía Naseiro (Kinokube Cinema),  Sergio e Nuria (Toxío), Miguel González (Alkaine), Pablo Villaverde (Fedello do Clan Kirfed) e Carlos Vieito (Exército Mekemeke)

Comprácenos informarvos do éxito da celebración da nosa II Asemblea Xeral 🚀. Avaliamos cumpridos os obxectivos da asociación neste primeiro ano desde a súa constitución oficial e tivemos unha xornada moi produtiva de confraternización e debates sobre as prioridades da asociación para este vindeiro ano.

Estes son os eixos que avaliamos como cumpridos:

  1. Consolidar neste primeiro ano a existencia, funcionamento básico e presenza da asociación.
  2. Asistir como asociación e ter presenza física en varias feiras (festigal, culturgal) e a través de canles de persoas socias en varios eventos (GFFF) e medios (Nós Diario, Telemiño).
  3. Conseguir máis relevancia para a canle de Youtube en Galego.
  4. Facer unha retransmisión especial no día das letras galegas de bastante éxito, na que tivemos a colaboración de outras asociacións, colectivos e entidades.

Estas son as prioridades que nos marcamos para o ano que ven:

  1. Mellorar a comunicación interna e externa.
  2. Realizarmos xuntanzas varias veces ao ano para dinamizar o funcionamento da asociación e das súas comunidades.
  3. Dinamizar a canle de twitch en galego e demáis canles da asociación.

Todo isto está máis desenvolvido na acta, a disposición das persoas asociadas e que achegamos por correo, así coma o vídeo con toda a asemblea.

Contamos convosco para seguir medrando!💫