Xa temos fichas de afiliación!

Publicado por Obradoiro Dixital Galego

2 min

Ola! 👋🏽👋🏽 Como estás?

💻 Recibes esta mensaxe porque constas nos nosos sistemas como creadora e polo tanto difundimos📡 o teu contido en galego.

🥰 Queremos comunicarche boísimas novas.

🏛️ En marzo deste ano acordamos, nunha reunión da comunidade, constituirnos nunha asociación cultural. E conseguímolo!

De agora en diante funcionamos como a ASOCIACIÓN CULTURAL OBRADOIRO DIXITAL GALEGO🛰️

📡 Imos manter toda a nosa presenza en redes, e imos seguir difundindo o teu contido como ata agora.

✍️🏼Ser unha asociación cultural permítenos ser moito máis participativas e ter unha actividade moito maior. É por iso que tamén che pedimos que nos axudes. Como? Afíliate❗️

🙋🏽‍♀️🙋🏻‍♀️ Como socia poderás participar de todas as nosas actividades e funcionamento interno. Só tes que descargar e cubrir a ficha que atoparás nesta ligazón https://i.gal/asociate_xa , asinala e devolvérnola ás direcións indicadas. Asociarnos danos unha forza que ningunha de nós pode chegar a ter por si mesma para defender a nosa lingua e a nosa cultura nos novos medios, no presente e no futuro 💪🏽

🪙 A pequena aportación económica en forma de cota social é unha grande axuda que nos permite pagar servidores, material, aluguer de postos, aplicacións para a difusión dos vosos contidos, etc; e en definitiva é un apoio directo á normalización da nosa lingua nos novos medios 🛰️.

As cotas anuais posibles son 12 € como cota reducida (por exemplo para estudantes e persoas desempregadas), 24 € como cota xeral para o resto de persoas e mesmo unha opcion para aquelas persoas que queiran aportar máis de 24, podendo persoalizar a cota.

📨 A partir de que recibamos a túa ficha de afiliación, porémonos en contacto contigo polo correo electrónico que nos indiques e comezarás a recibir as comunicacións oficiais da asociación.

📅 Este mesmo mes imos estar no noso posto no Culturgal, en Pontevedra, do venres 25 ao domingo 27. Podes vir falar con nós en persoa, asociarte e participar dos directos especiais que faremos. Podes traer material da túa canle! (colantes, camisolas, canecas, etc).

📅 O sábado, 21 de xaneiro, teremos a nosa Asemblea Xeral en Vigo, onde aprobaremos protocolos de funcionamento e o programa de actividades para o ano que ven. Esperámoste!

Estamos ao teu dispor para calquera info que precises,

Atentamente,

A Xunta Directiva da Asociacion Cultural Obradoiro Dixital Galega