Un podcast de historias contadas en primeira persoa.
Facer memoria é un proxecto no que a veciñanza dos concellos participantes ten unha serie de encontros con compoñentes da compañía Berrobambán. Nesas xuntanzas compartimos historias e anécdotas directamente relacionadas co lugar, e así, entre contos e conversas, tentamos reconstruír parte da memoria local. Este podcast recolle algúns dos momentos vividos coa vontade de espallalos e que formen parte da memoria colectiva.
A 2ª Edición de Facer memoria contou co apoio da Deputación da Coruña a través da liña de axudas a Proxectos Singulares de Especial Interese Cultural na Provincia da Coruña. A serie podcast foi financiada polo INAEM, Ministerio de Cultura e Deporte cos fondos da Unión Europea-Next Generation EU
Sobre berrobambán
Berrobambán nace no ano 2000 como unha compañía de teatro destinada a produción de espectáculos teatrais dirixidos a todo tipo de público. Tamén mantivemos outra liña de traballo ligado ao ámbito educativo e social.
Máis tarde, modificamos o ritmo de creación da compañía apostando por novos elencos, novos públicos e novos formatos. Nese momento é onde aterrezamos en Youtube. Aquí podedes atopar unha pincelada de Berrobambán con contido exclusivo derivado dos nosos proxectos, vídeos informativos, pequenos momentos dos nosos espectáculos e os nosos podcast.