Esta versión radiofónica de Ábrete de Orellas repasa concertos no país, novidades discográficas que chegan á redacción orelluda e recupera cancións do pasado máis ou menos recente.
Ábrete de Orellas xurdiu en Ferrol aló polo 1997 coma un programa radiofónico e foi crecendo a carón do seu director Pepe Cunha. Ao tempo que espallaba a súa faceta de comentarista musical por diversos medios (Radio Kaos, Rádio FilispiM, Diario de Ferrol, Radio Fene, De troula, Xornal de Galicia, TVG … ). En 2003 creou www.abretedeorellas.com, portal especializado en música e concertos na Galiza. Cunha atención especial a artistas, salas e produtoras do país, non pretende crear tendencias, senón divulgar, ser un punto de encontro das diferentes propostas. Máis de 2300 seareir@s en facebook e máis de 20000 visitas no último ano animan a seguir mellorando.