xulipedia.com é unha base de datos organizada por orde cronolóxica, con información da literatura galega e das outras literaturas románicas peninsulares e mais da literatura universal. Trátase dun proxecto vivo que promove o recoñecemento da excelencia e relevancia da cultura galega; tamén é un proxecto en permanente construción xa que ten un formato de wiki (igual á Wikipedia) aberto á participación de calquera persoa interesada en non esquecer e mesmo engrandecer o noso patrimonio cultural. Se seguimos aportando entre todas poderá ter un alto potencial para a investigación ao ter recollido e organizado información moi dispersa en diferentes medios escritos analóxicos.

Conversando con... En activo
<Conversas con… > é unha iniciativa sonora da web www.xulipedia.com , creada por Xulio Simón co apoio técnico de Luís Losada.