Trátase dun programa semanal dunha hora de duración, desde o que dar voz ós veciños e veciñas da Coruña. Esta cidade está en continuo movemento, ten unha serie de asociacións veciñais e empresariais moi activas. Toda esa iniciativa exprésase amplamente en redes sociais, medios de comunicación ou na rua, pero creo que gañaría moito se tivese un amplificador a maiores, un espazo propio.
Esa é a idea coa que nace CRUNIA FALA, O Podcast que se escoita pola Radio.
En Cuac FM 103.4 os sábados ás 12h.