Galiza Metálica, programa de radio que naceu da man de Patty Castro en Outubro de 2021 na radio web A xente de Teo. E en xaneiro de 2022 créase como programa quincenal en formato de podcast comezando a emitirse en Antenha Minho de Braga, grazas a colaboración con Filipe Marta do programa S.O.S Heavy-Metal Radio Show.

Actualmente en 2023 é un programa semanal, está activo en varias plataformas sae cada luns en Antenha Minho 106 FM.

A presentadora e creadora do programa, Patty Castro é coñecida por ser vocalista de metal e a creadora do proxecto Mulleres Galegas Kañeras que desarroia como presentadora, entrevistadora e redactora en diferentes medios.

Consta de varias seccións, con colaboradores e entrevistas a grupos, medios galegos que divulgan e fomentan este estilo musical e persoas que como propietarias de locais de ocio ou organizadoras de festivais fan posible unha escena metalera sana e forte. Conta tamén cunha axenda de concertos en colaboración con Rubén do programa Orión 2.0 da Cuack FM. Conta coa sección de RoucoSón de Jacobo Mouriño (periodista e redactor desta publicación en prensa e guitarrista de Diovo e Mileth), Facendo Rizoma de Nía Tarrío (investigadora musical do underground galego e creadora de Proxecto Rizoma), Bolos con Mon de Montse leis (vocalista coruñesa con amplia experiencia no mundo do metal), Cita co underground de Oscar Besteiro (guitarrista de barbarian prophecies e creador do festival napalfest), Mulleres Galegas Kañeras con Patty Castro.

Actualmente comezou a facer un programa especial cultural onde se poden atoparan seccións de historia da Galiza, historia metal en galego, reseñas a audiovisuais e literatura e por último a sección de Metalizando a rapazada con Aldara e Ariadna fillas da presentadora que ofrecen cultura xeral sobre metal dedicado aos mais cativos.

Música e produción a cargo de Filipe Marta locutor e DJ Emperatore en Antenha Minho de Braga do S.O.S. heavy metal radio show.