Nós as Poetas é un programa de poesía producido e conducido por Rober Figui que fala, cheira, sabe e soa a poesía. Para darlle voz ás poetas que foron participando nas tres últimas edicións do roteiro ‘O Paseo das Letras’ que organiza o colectivo EsCuA dentro das actividades do VeránEarte.
Un espazo de entrevistas para coñecer mellor ás nosas poetas galegas e que sexan elas as que nos falen de sí mesmas e do seu traballo literario. Pero ademais, da creación poética falarán de moitas outros temas, da vida, do amor, de música ou soños por cumprir.