A. C. O. D. G. Asociación Cultural Obradoiro Dixital Galego
  • Sobre nós
  • Recursos
  • Novas
  • Comunidade
Buscar K
Logo de O Crime da Orca Vella

O Crime da Orca Vella

"O crime da Orca Vella" é unha ficción sonora realizada pola Aula de Teatro Municipal de Fisterra. Unha historia encadrada no xénero "Quen o fixo?", na que unha investigadora afeccionada e a súa axudante, percorrendo a paisaxe sonora de Fisterra, intentarán descubrir cal dos habitantes da vila levou a cabo un crime cuxa vítima está desaparecida.

Este traballo é resultado do curso 2020-2021, no que, dez alumnas e unha profesora, non poidemos ter clases de teatro presenciais e buscamos a maneira de facer da necesidade virtude e suplir a nosa presenza coa maxia da radio. Os capítulos emitíronse a través da radio Neria (onde gravamos) e posteriormente difundímolos a través de ivoox, a páxina do Concello de Fisterra e as nosas propias redes sociais.

Podcast Ficción Sonora Teatro Crime Misterio
  • Discord
  • Twitter
  • Mastodon

Este sitio foi creado con Lume —