"Pedaladas", un podcast sobre desprazamentos en bicicleta, ciclismo e formas alternativas para movernos por Galicia.

Amodiño, sempre mellor...

Pedaladas é un programa para falar dos desprazamentos en bicicleta, do seu impacto social como medio de transporte. Exploraremos diferentes temas, como as infraestruturas ciclistas nas cidades galegas, as iniciativas comunitarias para fomentar o uso da bicicleta, rutas cicloturistas, mecánica e consellos para un mellor uso da bici...

No podcast queremos amosar unha visión máis social e comunitaria da bicicleta, que nos permita enfocarnos en como o ciclismo mellora a calidade de vida, reduce a pegada de carbono e favorece a creación de espazos máis humanizados nas cidades.

E parte importante de todo isto son as propias persoas... contaremos con diferentes colaboradores de diversos colectivos da bici en Galicia, que nos axudarán a coñecer en profundidade todos estos temas e as iniciativas que se están levando a cabo.

Pola miña parte, son Jorge Lama, retomei o uso da bici por motivos de saúde fai un tempo, e levo producindo programas de podcast desde fai máis de 15 anos. Podes localizarme nas redes sociais co nick de @raivenra ou a través do correo: raivenra@gmail.com

Espero que disfrutedes desta viaxe, dando pedaladas ou en calquera outra situación...

Este podcast está liberado baixo unha licenza Creative Commons BY-SA 4.0 (Atribución-Compartir Igual).

Music: Realizer - Kevin MacLeod (incompetech.com) Licensed under Creative Commons: By Attribution 3.0 License http://creativecommons.org/licenses/by/3.0/