ACODG Asociación Cultural Obradoiro Dixital Galego
  • Sobre nós
  • Recursos
  • Regulamento
  • Novas
  • Comunidade
Buscar K
Logo de Que din os rumorosos...

Que din os rumorosos...

Que din os rumorosos… arroutadas da historia de Galicia é unha serie de podcast producida polos portais web http://historiadegalicia.gal/ e https://rutasdehistoria.com/ e coordinados polo xornalista Xurxo Salgado.

O seu obxectivo é recuperar a memoria do noso país. Trátase dunha iniciativa que nace sen ataduras nin subvencións de ningún tipo. Un proxecto independente que tenta contar a historia de Galicia sen pelos na lingua e con quen mellor sabe contala; historiadores, investigadoras e arqueólogas.

Que din os rumorosos nace tamén co obxectivo de chegar ao maior número de xente posible. Por iso, Historia de Galicia e Rutas de Historia acadaron un acordo con varias emisoras locais e xornais dixitais para chegar ao maior número posible de xente.

Deste xeito, esta serie de podcast será emitido por Radio Tui, Radio Estrada, Raio Xente de Teo, Radio Fusión, Radio Roncudo e Radio Neria, e poderá ser descargado polos e polas lectoras dos xornais Galicia Confidencial, Que pasa na Costa, Xornal de Vigo, Xornal de Lemos, Xornal da Mariña, Lugo Xornal e do portal web https://neofalantes.gal/.

Os contidos deste podcast están baixo licenza Creative Commons BY-SA 4.0 Nas labores técnicas de gravación, edición e montaxe: Jorge Lama (@raivenra).

Podcast Cultura Divulgación Historia Patrimonio

Queres actualizar o teu proxecto? Cubre este formulario engadindo toda a información que queiras modificar!

  • Política de privacidade
  • Política de cookies
  • Discord
  • Twitter
  • Mastodon

Este sitio foi creado con Lume —

Utilizamos cookies propias e de terceiros para fins analíticos e para mostrar as túas preferencias de configuración. Utilizando a nosa web aceptas a nosa Política de privacidade e uso de cookies.