Creo na electricidade. Ainda estou apoiada, ríndome, ó poste da luz co meu dedo índice sinalando a caveira.
Para ler críticamente, para desenguedellar as estruturas, para deixar ao aire o esquelete dos textos, cómpre internarse na rede, eléctrica e social.
Sinalando a caveira é un podcast de Branca Trigo sobre literatura galega gravado en directo. Cada programa xira arredor dun tema, sobre o que se recomendan libros recentes (e non tanto) de ensaio, narrativa e poesía, ademais de entrevistar xente que traballa nas nosas letras.