O noso nacemento foi baixo o paraugas do Planeta de Hoxe en Día (así é que adoptamos o seu nome e engadimos un Noticias ao final) pero rematamos independizándonos e contando os sucesos da Estrada (Pontevedra). E, tras iso, cambiando de nome. Somos un medio de comunicación que mestura o tradicional (noticias serias nunha web) co moderno (contido para redes sociais, unha narrativa diferente...) e que, pese a que o noso nome limítanos a un único concello, non perdemos de vista o que pasa ao noso arredor.

Da nosa etapa como PHDnoticias herdamos as súas reportaxes. O que antes se chamaba 'Repor' pasou a chamarse 'ReportaXes' e, aínda que agora a maioría de reportaxes son escritas e centrándonos na Estrada, algunha chegará a YouTube e ao podcast e tratando temas que afectan tamén a outros concellos.