Un ano de Obradoiro Dixital Galego! 🥳
Comprácenos informarvos do éxito da celebración da nosa II Asemblea Xeral 🚀. Avaliamos cumpridos os obxectivos da asociación neste primeiro ano desde a súa constitución oficial e tivemos unha xornada moi produtiva de confraternización e debates sobre as prioridades da asociación para este vindeiro ano.
Estes son os eixos que avaliamos como cumpridos:
- Consolidar neste primeiro ano a existencia, funcionamento básico e presenza da asociación.
- Asistir como asociación e ter presenza física en varias feiras (festigal, culturgal) e a través de canles de persoas socias en varios eventos (GFFF) e medios (Nós Diario, Telemiño).
- Conseguir máis relevancia para a canle de Youtube en Galego.
- Facer unha retransmisión especial no día das letras galegas de bastante éxito, na que tivemos a colaboración de outras asociacións, colectivos e entidades.
Estas son as prioridades que nos marcamos para o ano que ven:
- Mellorar a comunicación interna e externa.
- Realizarmos xuntanzas varias veces ao ano para dinamizar o funcionamento da asociación e das súas comunidades.
- Dinamizar a canle de twitch en galego e demáis canles da asociación.
Todo isto está máis desenvolvido na acta, a disposición das persoas asociadas e que achegamos por correo, así coma o vídeo con toda a asemblea.
Contamos convosco para seguir medrando!💫