Produción de podcasts

Recursos e consellos para facer ou escoitar podcasts

Neste apartado atoparedes titoriais, consellos e recursos para producir podcasts. Botas algunha cousa en falta? Pregunta na nosa comunidade de discord ou suxire que a engadamos!

Software para gravar (en grupo)

Para gravar “en solitario”, recomendamos Audacity ou algún programa similar; mais se es dos que prefiren ter compaña, velaquí tes unha listaxe de software para gravar podcasts entre varias persoas desde distintos puntos, facer entrevistas, etc.

Onde subir o teu podcast?

Hai unha chea de sitios para escoller. Aquí poñemos as opcións que nos parecen máis relevantes e interesantes. Ti escolles a que mellor che acaia para o teu propósito.

  • Anchor: De balde. Sen límite de hosting, ten distribución a todas as plataformas e directorios principais. Permite o uso de música con licenzas privativas se está incluído no catálogo de Spotify. Fornece tamén estatísticas e analíticas de escoita. Ten ferramentas para edición e publicación directa. E dispón de opción para monetizar desde a propia plataforma.

  • iVoox: De balde, sen límite de hosting [1]. Distribución nas plataformas de Apple Podcasts e Google Podcasts[2]. Permite o uso de música con licenzas privativas. Fornece tamén estatísticas e analíticas de escoita. Opcións Premium de pago a partir de 6,99 € e co opción de monetizar.

  • Red Circle: Hospedaxe sen límites e de balde. Estatísticas e distribución nas principais plataformas. Sistema de monetización con distintas opcións.

  • Sounder: Ten hospedaxe de balde e de pago, estatísticas. Na opción básica permite até 2 usuarios e 5000 “descargas”/mes.

  • Spreaker: Gratis até 5 horas, 10 episodios e 15 minutos de emisión en directo por streaming. Plans PRO desde 100 horas e 6 €. Estatísticas básicas para contas de balde e opcións premium para as PRO, incluída monetización.

  • Blubrry: Boa integración con WordPress (teñen plugin propio para iso). Plans PRO desde 100 MB/mes e 12 $. Inclúe estatísticas e sitio web propio con WP.

  • Libsyn: Unha das máis veteranas. Plans PRO desde 100 MB/mes e 5 $.

  • PodBean: Outra das veteranas. Plan básico de balde até 5 horas e plans PRO desde 9 $/mes con hospedaxe ilimitado. Tamén ofrece estatísticas e opcións de monetización.

  • BuzzSprout: Plan básico de balde até 2 horas/mes (e até 90 días, despois borran) e plans PRO desde 12 $/mes con até 3 horas/mes (permanentes e 4 $ por cada hora que se pase das 3). Tamén ofrece estatísticas.

  • Podigee: Plans PRO desde 12 €/mes sen límites para 1 podcast. Tamén ofrece optimización de audio con Auphonic e estatísticas.

  • Podomatic: Gratis até 500 MB. Plans PRO desde 2 GB e 2,49 $. Estatísticas básicas para contas de balde e opcións premium para as PRO, incluída monetización.

Apps para escoitar podcasts

Curso de Audacity para Podgalego.

Curso producido por Jorge Lama para toda a comunidade de Podgalego

Obradoiro “Hardware para podcasting”

Hardware para podcasting – PodGalego“, por Roi Rodríguez e Jorge Lama, CC-BY-SA.

Outros recursos


  1. Ate 120 minutos por episodio e até 20 episodios no feed. Tamén reduce a calidade do mp3. ↩︎

  2. Só nas contas de pago. ↩︎