Youtube en Galego

O Fogar das canles de Youtube en Galego

Historia

A iniciativa Youtube en Galego naceu en xullo do ano 2021 como unha conta de Twitter animada pola comunidade irmá Twitch en Galego para dar a coñecer ás distintas canles que subían vídeos a Youtube en Galego, xa que a plataforma non permitía, e segue sen facelo, buscar os vídeos polo idioma no que están feitos, polo que non existía unha forma sinxela de localizar aquelas persoas que suben vídeos no noso idioma.

Coa conta de Twitter xa en funcionamento, no mes de setembro, seguindo os pasos que tempo atrás realizara a comunidade Twitch en Galego, creamos a nosa canle de Youtube.

Na actualidade Twitch en Galego integrase dentro da Asociación Cultural Obradoiro Dixital Galego e segue promocionando os contidos a través de diferentes medios.

Notificacións de emisións en directo

Se formas parte da comunidade galega de youtube, cando subes un vídeo o noso bot de notificacións envía mensaxes a través das nosas Redes sociais: