Twitch en Galego

A comunidade de streamers en galego na plataforma de Twitch

Historia

A iniciativa Twitch en Galego naceu en agosto do ano 2020 como unha conta de Twitter para dar a coñecer ás distintas canles que emitían en Twitch en Galego, xa que a plataforma non permitía, e segue sen facelo, etiquetar os directos co idioma galego, polo que non existía unha forma sinxela de localizar aquelas persoas que emiten no noso idioma.

Coa conta de Twitter xa en funcionamento, no mes de setembro, seguindo os pasos que tempo atrás realizara a comunidade catalana, a canle Enxebre Gamer inicia a solicitude a Twitch para que inclúa o galego como opción entre os idioma de emisión da plataforma. Dende ese momento a solicitude, pola que seguimos traballando, sitúase entre os piares do traballo diario da iniciativa.

Na actualidade Twitch en Galego integrase dentro da Asociación Cultural Obradoiro Dixital Galego e segue promocionando os contidos a través de diferentes medios.

Notificacións de emisións en directo

Se formas parte da comunidade galega de twitch, cando comezas unha emisión o noso bot de notificacións de directo envía notificacións a través das nosas Redes sociais:

Eventos

Na nosa canle de Twitch facemos eventos especiais, emisións puntuais artelladas ou non por nós, nas que poñemos o acento sobre asuntos que nos parecen de especial importancia que despois quedan gardados na canle de Youtube, algúns destos son:

Torneo Grelo

Un xogo galego feito por dous rapaces da terra merecía un torneo á altura. Tras unha semana de intensa competición otorgamos o primeiro record mundial.

A Xogadora Descoñecida

Serías capaz de adiviñar a persoa coa que xogas con só tres pistas? Iso intentamos nesta partida ao pinturillo na que o público tentou adiviñar a identidade da nosa primeira xogadora descoñecida.

Premios Galituiter 2020

Sabedes que non había nas outras edicións dos premios Galituiter? Exacto! Unha comunidade de Twitch á altura que deixara un rexistro audiovisual das dúas últimas xornadas.

The Waylander en galego

Non son moitos os videoxogos que podemos atopar traducidos ao galego así que a chegada da tradución a unha das grandes producións dos últimos anos feita en Galicia ben merecía a nosa atención.

Día de Rosalía 2021

Os Centros de Estudos Galegos das Universidades de Bangor, Braga e Barcelona propuxéronnos estas xornadas para falar da esencia Rosaliana no seu día, e non puidemos dicir que non.

8M 2021

8 charlas nas que aprendimos e descubrimos infinidade de cousas sobre este mundo que non deixa de sorpredernos negativamente. Deseño, ciencia, artes, videoxogos…, o feminismo é necesario en todos os ámbitos da vida e con estas charlas constantamos esta realidade.

Aprende con Twitch en Galego: O son nas retransmisións

Unha colaboración co Local de Música de Pontevedra na que abordamos distintos aspectos a ter en conta a hora de transmitir: Clases de micrófonos, filtros, eliminación de ruído, porta anti-ruídos, compresor, ganancia...

#ÉMoito - Twitch en Galego + Podgalego + Youtube en galego

Celebramos o inicio deste novo curso xuntando nun só directo a moitas das iniciativas que enchen a rede de podcasts, de vídeos en Youtube e de directos en Twitch. Recomendacións, novidades e sorpresas para a tempada 2021-2022 que non te debes perder.

Premios Galituiter 2021

Continuando coa dinámica do ano pasado, outra edición dos Premios Galituiter 2021.

Se tes unha idea para un directo en Twitch e pensas que a nosa canle pode ser o sitio axeitado podes poñerte en contacto con nós a través das nosas redes ou do enderezo electrónico.